Fállase o Premio Internacional “Trifinium Jacobeo” 2018

Na mañá do sábado 8 de setembro fallouse en Madrid o ‘Premio Internacional Trifinium Jacobeo: a unha Vida, unha Obra e un Programa de Actuación’, galardón instituido con carácter trienal en 2012 pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago para recoñecer desde as tres modalidades do premio a aquelas persoas, colectivos, institucións, etc, que se implicaron contemporáneamente en prol do Camiño de Santiago e contribuísen ao desenvolvemento da peregrinación xacobea.

PREMIO A UN PROGRAMA DE ACTUACIÓN: S.A. de XESTION DO PLAN XACOBEO
Organismo público creado en 1992 para poñer en marcha o programa “Xacobeo-93” cara ao Ano Santo 1993, cuxo éxito o fixo perdurar no tempo.

PREMIO A UNHA VIDA: ROBERT PLOTZ E PAOLO CAUCCI VON SAUCKEN (ex equo)
Por canto o labor conxunto destas dúas personalidades, de diferentes nacionalidades pero unidos polo Camiño, contribuíu ao renacemento xacobeo actual.

PREMIO A UNHA OBRA: IGN (Instituto Xeográfico Nacional)
Ao mapa 1:1.7.000.000 Camiños de Santiago en Europa (2017) elaborado polo IGN- CNIG.

O acto de entrega do premio internacional Trifinium Jacobeo celebrarase o día 2 de outubro, ás 19:00 h, no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela.

Fonte e imaxe: Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *