Galicia Rail Pass. Galicia a todo tren

Turismo de Galicia e RENFE ofrécenche a oportunidade de descobrir novas paisaxes, paseando polas vilas e as cidades galegas.

O GALICIA RAIL PASS permite utilizar os trens de servizo rexional, media distancia convencional, longa distancia e Avant da rede de RENFE en Galicia cantas veces se queira durante tres días. Ao longo do ano poderase facer en fins de semana (de venres a domingo), pontes e festivos; e na tempada de verán (entre o 1 de Xuño e o 30 de Setembro, ambos inclusive), poderase utilizar calquera día da semana. Este bono ten carácter persoal -polo que non se pode ceder o seu uso- e o seu periodo de validez é de 3 días.

O GALICIA RAIL PASS poderano adquirir todos aqueles peregrinos que cheguen a Santiago e obteñan a “Compostela”, así como todos os turistas que cheguen a Galicia en tren de longo percorrido. Tamén poderán disfrutalo aqueles que adquiran un billete para calquera dos Trens Turísticos de Galicia (máis información en www.turismo.gal). Con este bono os usuarios poderán beneficiarte de prezos reducidos e/ou entradas gratuitas aos museos máis salientables das sete principais cidades galegas.
Poderán adquirir o seu bono nos puntos de venda das estacións de RENFE.

Máis información en www.renfe.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *