Galicia recibe ao peregrino 300.000 deste ano 2018

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recibiu hoxe o peregrino 300.000; unha cifra histórica que se acada dous meses antes que o ano pasado, cando no mes de decembro se alcanzou por primeira vez esta cifra, e coa previsión de pechar este 2018 cun novo récord por riba dos 320.000.

Durante o acto de entrega da compostela, Feijóo aseverou que este incremento de peregrinos, chegados desde 172 países –e cada vez por máis rutas xacobeas- demostra que facer o Camiño de Santiago xa non só é un fenómeno exclusivo dos anos santos.

Neste sentido, lembrou que desde o Goberno galego se está a traballar no seu coidado e na súa promoción a través do Plan director do Camiño de Santiago, un instrumento cun investimento de 56 millóns e oito liñas de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *