III Concurso Fotográfico “Los Colores del Camino”

CORREOS, en colaboración coa comunidade de peregrinos iPeregrinoswww.iperegrinos.com-, acaba de poñer en marcha un concurso de fotografía para redescubrir as cores do Camiño de Santiago a través das imaxes captadas polos peregrinos que o percorren.

O concurso estará aberto durante os meses de agosto e setembro. Durante este tempo os peregrinos poderán enviar as súas fotografías a través da aplicación que se creou na páxina de Facebook “El Camino con Correos”, onde tamén poderán ver o resto de fotos presentadas e votar as que máis lles gusten.

As imaxes presentadas no Concurso deben destacar algúns das cores presentes no Camiño de Santiago, a través das catro estaciones do ano e a súa influencia sobre as distintas paisaxes: o verde dos bosques na primavera, o amarelo da meseta no verán, as paisaxes brancas e nevadas no inverno, os marróns da Ruta no outono, etc.

Para participar no concurso hai que enviar fotografías orixinais e inéditas tomadas en calquera das rutas do Camiño de Santiago, que destaquen algún destes valores. As bases do concurso pódense consultar na páxina de Facebook de “El Camino con Correos”: www.facebook.com/elcaminoconcorreos.

O concurso terá catro gañadores: un xurado elixirá ao primeiro, segundo e terceiro premio, que obterán, respectivamente, unha cámara GoPro, un paquete de experiencias dun fin de semana, e un cartón CORREOS Prepago Mastercard con 150 euros. Ademais, establécese un cuarto premio que será para a fotografía máis votada en Facebook. A persoa autora desta fotografía recibirá un cartón CORREOS Prepago Mastercard con 100 euros.

Este é o terceiro ano que CORREOS e iPeregrinos lanzan un concurso de fotografía para os peregrinos do Camiño. Os pasados veráns as temáticas foron “A maxia do Camiño de Santiago” e “Os Valores do Camiño”. Coas fotos gañadoras e finalistas, CORREOS organizou varias exposicións itinerantes que percorreron toda a Península.

Fonte: CORREOS E iPeregrino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *