Inaugúrase unha estatua a Santiago Apóstolo, patrón de Guayaquil

A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, participou, xunto co embaixador de España en Ecuador, Carlos Abella y de Arístegui, no acto conmemorativo en honra ao Apóstolo Santiago na cidade de Guayaquil.

Durante o mesmo, procedeuse ao descubrimento dunha estatua en bronce de Santiago Apóstolo, creada por Nixon Córdoba. O monumento resalta a iconografía de Santiago peregrino e a importancia do Camiño de Santiago para a historia universal. Cómpre destacar que Santiago Apóstolo é o patrón de Guayaquil e o Santo preséntase sobre o Cerro de Santa Ana, orixe primixenio da vila.

A instalación deste monumento enmárcase na apertura do Paseo e da Praza de España, situada á entrada do Puerto de Santa Ana, e, con ambos fitos, ponse de manifesto a estreita relación da peregrinaxe a Santiago co país sudamericano. De feito, o ano pasado chegaron a Santiago polas diferentes rutas xacobeas 457 peregrinos ecuatorianos, un 10% máis que no 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *