IV edición de “O Camiño remata en Obradoiro”

Presentouse en Santigo de Compostela a IV edición de O Camiño remata en Obradoiro, o proxecto no que destacadas figuras do baloncesto internacional realizan varias etapas do Camiño de Santiago para promover os valores da ruta xacobea ao tempo que axudan a entidades sen ánimo de lucro a conseguir recursos cos que financiar as súas actividades. A edición deste ano céntrase no Camiño Portugués, sumándose así ao ano dedicado a este itinerario, incluído na planificación do Plan director do Camiño de Santiago da Xunta.

O protagonista desta cuarta edición será Aleksandar Petrovic -coñecido como Aza Petrovic– ex xogador croata, protagonista dos éxitos da selección iugoslava de baloncesto e actual seleccionador de Brasil, que peregrinará desde o 27 ao 31 de maio polas últimas etapas do Camiño Portugués, desde Tui ata Santiago de Compostela. Percorrerá así o Camiño Portugués, o segundo itinerario máis transitado e polo que camiñaron máis de 15.900 peregrinos no que vai de ano, unha cifra un 18% superior ás mesmas datas de 2017.

MÁIS INFORMACIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *