Jaume Alemany abre un albergue de acollida cristiá en Betanzos

O sacerdote mallorquino Jaume Alemany, promotor da fundación Acollida Cristiá nos Camiños de Santiago, leva varios meses traballando nas obras para a apertura dun albergue en Betanzos. Este albergue, no que rexerán os principios da hospitalidade tradicional de Acollida Cristiá nos Camiños, será o primeiro e de momento único destas características no Camiño Inglés.

O aloxamento sitúase nun edificio próximo ao templo de Santa María da Azogue, en plena zona antiga da localidade coruñesa. A contorna do albergue, coa mencionada igrexa e o convento de San Francisco, constitúe un conxunto monumental de gran beleza que dá aos peregrinos a ocasión de mergullarse na historia da nobiliaria cidade dos Cabaleiros.

O albergue, cuxo nome completo é “Albergue Santa María da Azogue – ACC” dispón de 16 prazas e os servizos de cociña, lavandería, baños adaptados e ascensor.

MÁIS INFORMACIÓN

Fonte e imaxe: Fundación Acogida Cristiana en el Camino

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *