Jesús Curros recibe o “I Premio de Ensaio do Camiño de Santiago” pola obra ‘Escenas, imaxes e sons do Camiño’

Jesús Curros Neira, coa obra Escenas, imaxes e sons do Camiño,  foi galardoado co I Premio de Ensaio Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galicia.

A obra gañadora, Escenas, Imaxes e Sonidos do Camiño, editada dobremente por Galaxia en versións galega e en castelá, pon en valor a visión e o aproveitamento de todo o relacionado co tema xacobeo desde diferentes ángulos culturais. O autor ofrece un texto elegantemente escrito, de sinxela e amena lectura que, sen dúbida, captará a atención do público lector desde as primeiras páxinas. Nela, a arquitectura, a literatura, galega, española e universal, a música sagrada e profana, o cine e xéneros como o tebeo, o cómic ou a banda deseñada danse cita desde unha visión global dun fenómeno como o Camiño de Santiago.

O Premio de Ensaio Camiño de Santiago convócao a Academia Xacobea coa colaboración da Xunta de Galiia e a mais a Editorial Galaxia, co patrocinio de Aluminios Cortizo. Ten como obxectivo promover e darlle presenza ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo no ámbito da literatura, desde o ensaio, e está dotado con 3.000 euros e coa publicación da obra en dobre edición, galega e castelá.

A Academia Xacobea convoca tamén os premios de narrativa e de poesía Camiño de Santiago, que recaeron nas súas primeiras edicións nas obras Camiño de paixóns (2018), de Carlos Meixide e Das viaxes maiúsculas (2019), de Domingo Tabuyo, respectivamente. No mes de abril está prevista a convocatoria do II Premio de Narrativa Camiño de Santiago, co que a Academia iniciará o segundo ciclo de convocatorias literarias arredor do Camiño e do fenómeno xacobeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *