Klaus Herbers, membro do Comité Internacinal de Expertos do Camiño de Santiago, recibe a “Bundesverdienstkreuz am Bande”

O Dr. Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares, da Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña), e membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, recibiu a Bundesverdienstkreuz am Bande, polo seu traballo científico e polos seus esforzos a favor do estudo e difusión do Camiño de Santiago.

A Bundesverdienstkreuz am Bande é a Orde ao Mérito que outorga a República Federal de Alemaña, tamén coñecida como Cruz Federal do Mérito.

Klaus Herbers e tamén o presidente da Deutsche Sankt Jakobus-Gesellschaft, una das máis antigas e importantes asociacións de amigos do Camiño de Santiago do mundo.

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *