Nava Castro reúnese coa escritora Kim Nam Hee, autora do best seller que popularizou o Camiño de Santiago en Corea do Sur

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reuniuse coa escritora coreana Kim Nam Hee, autora de A viaxe dunha muller soa, o best seller sobre a súa experiencia como peregrina que contribuíu a popularizar o Camiño de Santiago neste país asiático, un dos que máis presenza ten na actualidade na ruta xacobea.

Nava Castro puido coñecer os proxectos nos que Kim Nam Hee está a traballar nestes momentos, despois de peregrinar novamente a Santiago de Compostela. Amais, interesouse sobre a súas vivencias.

Corea do Sur achegou durante o ano pasado máis de 5.000 peregrinos, o que a sitúa como a décima nacionalidade máis habitual nos itinerarios xacobeos e a primeira de toda Asia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *