Novo espazo de descanso e espera na Oficina de Acollida ao Peregrino

O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino conta cun novo espazo para o descanso dos peregrinos O vello asilo de Carretas, obra do arquitecto compostelán Jesús López de Rego e agora Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, conta xa cun novo e enorme espazo no que os peregrinos, tras a súa chegada á capital de Galicia para recoller a compostela, poderán descansar e agardar a súa quenda para recibir a acreditación. A restauración recupera o único espazo que se conservaba do proxecto de López de Rego.

Foi un traballo que permitiu retomar o aspecto orixinal desta sala, que servía para o descanso dos enfermos do asilo. Despois o espazo dividiuse para utilizarse como cociña e lavandería, e con iso perdeuse o esplendor desta sala con bóvedas de ladrillos, que agora recupera o arquitecto Carlos Rosón.

Agora é un espazo amplo e diáfano, con saída aos xardíns traseiros deste vello asilo, no que os peregrinos poderán descansar mentres comproban nas pantallas como avanza a cola para recoller a compostela. Tamén se potenciou o xardín, para recuperar a idea e o concepto orixinal do edificio, e habilitouse un ascensor para garantir a accesibilidade a este espazo. O proxecto foi financiado pola Catedral e súmase á reforma da fachada e as carpinterías, que financiou Turismo de Galicia.

Texto e fotografía: La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *