Albergue de Vigo

O albergue de peregrinos de Vigo levará o nome de Juan Manuel López-Chaves

A Xunta de Galicia anunciou que o albergue de peregrinos que se vai abrir no Berbés levará o nome de Juan Manuel López-Chaves Meléndez, en recoñecemento ao labor feito polo fundador e presidente de honor da Asociación dos Amigos dos Pazos como impulsor do Camiño Portugués e un dos artífices do recoñecemento internacional do Camiño de Santiago.

A Xunta tivo en conta a petición feita pola Asociación dos Amigos dos Pazos, avalada por unha trintena de entidades e persoeiros de Vigo, para que o primeiro albergue público da cidade de Vigo recoñeza a figura de López-Chaves Meléndez, quen impulsou o Camiño Portugués, que hoxe é a segunda ruta máis frecuentada polos peregrinos, e recuperou o valor histórico da variante da Costa, o único dos itinerarios oficiais que pasa por Vigo. O seu incansable labor de pescuda histórica e promoción do fenómeno xacobeo foi fundamental para que, no ano 1987, o Camiño de Santiago fose declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *