O Camiño Primitivo conta con un novo albergue público de peregrinos na localidade lucense da Fonsagrada

O novo albergue, que nace para impulsar o Camiño Primitivo, suporá un importante impulso para a localidade xa que recupera para a veciñanza a Casa Pasarín, un dos edificios máis emblemáticos desta vila; e porque estas novas instalacións permitirán aumentar a capacidade de acollida de peregrinos.

Así, entre as reformas levadas a cabo, uniformáronse os niveis das plantas baixa e primeira e substituíuse parte da fachada oeste; reemprazouse unha parte da fachada sur por unha galería; melloráronse as condicións de iluminación e ventilación dos patios interiores; incorporáronse melloras de accesibilidade; restauráronse os elementos arquitectónicos e as pinturas murais do edificio; e dispuxéronse tres dormitorios, nos que poderán descansar ata 42 peregrinos.

Un equipamento no que en total a Xunta investiu máis de 600.000 euros para mellorar os servizos do Camiño Primitivo, cun albergue bautizado co nome de Ramón Rodríguez, un sacerdote da Fonsagrada que dedicou gran parte da súa vida a dar a coñecer esta ruta e esta vila.

A declaración dos Camiños do Norte e o Primitivo como Patrimonio da Humanidade veu acompañado por un aumento do interese por percorrelo. Non en van, só nos últimos 10 anos o número de peregrinos do Camiño Primitivo multiplicouse por catro, ata acadar os 12.100 o ano pasado.

Rede de Albergues de Peregrinos do Xacobeo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *