O Centro de Interpretación do Camiño do Norte inaugura unha nova sede, o Centro Cultural Alcántara de Mondoñedo

A nova ubicación achega este importante equipamento e facilita o acceso a súa información aos seus principais destinatarios, os peregrinos, ao estar situado fisicamente no propio trazado do Camiño do Norte, xunto ao albergue de peregrinos.

O Camiño do Norte ten cada vez mais adeptos seguindo unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos acollendo no que vai de ano un total de 17.200 peregrinos, o que supón un incremento de máis do 9% en relación ao mesmo período do ano anterior e consolidándose, así, como a terceira Ruta Xacobea máis transitada, só por detrás do Camiño Francés e Portugués.

Xunto a este Centro de Interpretación do Camiño do Norte en Mondoñedo, que no que vai de ano recibiu un total de 4.297 visitas, o Xacobeo dispón na actualidade doutro Centro de Interpretación no Camiño Primitivo, ubicado en Lugo, e dous puntos de información no Cebreiro e no Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos situado na rúa Carretas de Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *