O Grupo Compostela de Universidades (GCU) lanza Voluntarios Sénior no Camiño

Programa de voluntariado que busca atraer aos nosos maiores ao entorno do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e do Camiño de Santiago co obxecto de promover a transferencia do coñecemento e a divulgación do patrimonio cultural e natural que rodea as rutas de peregrinación .

Poden participar galegos e estranxeiros afincados en Galicia que teñan 55 anos ou máis e estean vencellados ao eido universitario polos seus estudos, campo de traballo, actividade, xestión, docencia ou calquera outro tipo de vínculo.

As accións voluntarias desenvolveranse en Galicia e están orientadas a ensinar e transmitir coñecementos propios, apoiar na divulgación dos valores europeístas do Camiño e acompañar aos peregrinos do GCU. Todo ilo no marco das actividades a implementar no GCU no mes de outubro deste ano no marco da Academia Compostela no Camiño.

Os voluntarios seleccionados percibirán unha axuda de 5 euros diarios para custos de desprazamento e mantenza e estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil e accidentes.

Hai dispoñibles 8 prazas máximo. Os que desexen participar deben enviar antes do 28 de setembro unha copia do DNI ou NIE, un CV, acreditación de coñecer a lingua de acollida e cubrir un formulario en liña. https://airtable.com/shr82WPba8zMXaCX2

O programa está subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019.

Convocatoria Voluntarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *