O Pleno do Consello Xacobeo reuniuse en León

Galicia presidirá durante os vindeiros dous anos o novo grupo de traballo (Grupo V) creado para promoción cultural e a difusión para o Xacobeo 2021. Así o acordou hoxe o Pleno do Consello Xacobeo na reunión que mantiveron no Palacio de Conde Luna. Ademais, a Xunta de Galicia propuxo a cesión da App Smart Camiño e un proxecto promocional preparatorio para o Xacobeo 2021. Trátase da participación cun stand propio, como Invitado de Honor, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México) 2020.

No pleno avanzouse en diversos acordos e iniciativas entre o Estado e as comunidades autónomas. Entre as principais decisións adoptadas figura a aprobación da proposta de acordos para a xestión do programa de beneficios fiscais que derivaría da declaración como acontecemento de excepcional interese público do Ano Santo Xacobeo 2021. Neste sentido, desde a Xunta propúxose que as datas dos beneficios fiscais comecen o 1 de outubro, para que algunhas das accións xa poidan ser abordadas este mesmo ano.

No desenvolvemento do devandito Pleno, informouse sobre diversos programas de fomento do coñecemento do patrimonio cultural vencellado co Camiño de Santiago e da importancia da súa conservación entre a mocidade, como ‘O teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos’. Un programa formativo no que participan os seguintes centros galegos: o CEIP Otero Pedrayo de Rábade, o CEE Vilagarcía de Arousa,o CPI Progreso en Catoira, o CPR Nuestra Señora del Rosario de Arzúa e o CPR La Merced de Sarria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *