O presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, Paolo Caucci von Saucken, foi galardoado co Premio Internacional Aymeric Picaud sobre o Camiño de Santiago

A Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño de Santiago, que agrupa a preto de 2.000 profesionais da información, concedeulle o IV Premio Internacional Aymeric Picaud del Camino de Santiago ao catedrático italiano Paolo G. Caucci Von Saucken.

O xurado considerou que Paolo Caucci representa “toda unha vida dedicada a promover os valores xacobeos, á protección do Camiño e á difusión internacional do fenómeno da peregrinación como esencial para a cultura de Europa”; e destacou tamén que “a transcendencia periodística, crítica e pública da cuantiosísima obra de Caucci está fóra de toda dúbida e é merecedora da autorizada opinión dos mellores expertos na materia”. Por último, o xurado menciona a súa “permanente presenza activa no Camiño, con loables iniciativas como a apertura dun albergue tradicional en San Nicolás (Burgos), promovido pola Confraternita di San Jacopo di Compostella de Perugia (Italia), que preside”.

O nome do premio, Aymeric Picaud, réndelle homenaxe a este frade, considerado como o primeiro cronista do Camiño de Santiago.

En anteriores convocatorias os premiados foron Carmen Pugliese, Carlos Mencos e Antón Pombo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *