O programa ‘Vive o Camiño’ comeza no Rosal con contacontos e concertos

O programa de artes escénicas Vive o Camiño comenzou no concello pontevedrés do Rosal coa primeira das máis de 40 actividades de balde e dirixidas a todos os públicos que se celebrarán nos concellos galegos do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa ata setembro. Impulsada por Turismo de Galicia, a iniciativa forma parte dos compromisos do goberno galego, enmarcados no Plan director do Camiño que este ano dedica a ambos itinerarios.

O calendario de Vive o Camiño estenderase ata o vindeiro mes de setembro e incluirá os concellos de Oia, Dodro, O Porriño, Nigrán, Baiona, Mos, Valga, Vigo, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Barro, Caldas de Reis, Tui, Portas, A Guarda, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo e Ames. En total programaranse 44 actividades de balde, entre contacontos e actuacións musicais, a cargo de diferentes artistas con traxectorias recoñecidas e cunha ampla experiencia no mundo artístico. Estas accións irán acompañadas dunha exposición informativa tanto do Camiño Portugués como do Camiño Portugués da Costa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *