O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria foi galardoado co Premio Europa Nostra 2019

O Proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria e a súa contorna foi galardoado co Premio de Patrimonio Europeo/Premio Europa Nostra 2019 na Categoría de Conservación.

Os gañadores dos Premios de Patrimonio Europeo/Premios Europa Nostra 2019, o premio europeo máis prestixioso no campo do patrimonio, fundado polo Programa “ Creative Europe”, foron anunciados hoxe pola Comisión Europea e Europa Nostra. Os 25 galardoados pertencentes a 16 países foron recompensados polos seus exemplares logros nas categorías de conservación, investigación, dedicación especial ao Patrimonio e educación, formación e sensibilización. O extraordinario proxecto de conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria e a súa contorna na Catedral de Santiago de Compostela é un dos proxectos galardoados na categoría de Conservación. Foi realizado co mecenado da Fundación Barrié.

Os premios serán entregados nunha solemne Cerimonia dos Premios de Patrimonio Europeo que se celebrará o 29 de outubro en París, durante o Congreso de Patrimonio Europeo.

Fonte e imaxe: Catedral de Santiago de Compostela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *