O Tombo A viaxa a Burgos como parte dunha exposición sobre o rei Fernando III

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago, a Fundación Catedral e o Cabido da SAM Igrexa de Santiago de Compostela acordaron o préstamo e exposición do cartulario coñecido como Tombo A na mostra «Fernando e Beatriz. Centenario da armadura de cabaleiro do monarca e da súa voda. Burgos 1219-2019», que terá lugar na cidade de Burgos desde este venres 26 de setembro.

O códice orixinal, concibido en 1127-1134, non foi prestado desde o ano 2012 e, en saída fóra de Galicia, desde o século pasado.

Tómase esta decisión positiva no marco dunha sensibilidade coas iniciativas que conxugan posta en valor do patrimonio cultural e promoción do turismo, e coa vontade de atención ao contexto presente.

O préstamo realízase para a inauguración da mostra por un período de dez días —dependendo das condicións sanitarias— co desexo de que os visitantes que se aproximen ao evento poidan gozar do orixinal dun volume inigualable e único en España.

Fonte e imaxe: Catedral de Santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *