O Xacobeo 21 e o Camiño de Santiago protagonizan en Nova York o ‘Galician Cinema & Food Festival’

O Xacobeo 21 e a gastronomía do Camiño de Santiago protagonizarán esta semana un dos eventos máis destacados de promoción de Galicia nos Estados Unidos. A Consellería de Cultura e Turismo colabora na quinta edición do Galician Cinema & Food Festival, que se celebrará desde en diferentes emprazamentos da cidade de Nova York e que incluirá diferentes accións de divulgación do Camiño de Santiago e promoción do vindeiro Ano Santo.

O evento ten programada a inauguración no Instituto Cervantes da exposición itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The way to Santiago. A contemporary experience of pilgrimage. Impulsada pola Xunta en colaboración con Correos, amosa a riqueza e diversidade da experiencia contemporánea da peregrinación a través de diferentes fotografías e material audiovisual.

Durante a inauguración poranse en valor os produtos galegos a través dun showcooking da chef Estrela Michelin Lucía Freitas que levará a cabo unha degustación inspirada na gastronomía do Camiño de Santiago. Será coa iniciativa The Taste of the Way Day para turoperadores de turismo, prensa especializada e público en xeral.

O Galician Cinema & Food Festival incluirá tamén a proxección dun filme con temática xacobea o 27 de xuño, no último día do evento no Instituto Cervantes. O documental estenderá a súa emisón nos centros galegos de Nova York e Nova Jersey.

Estas accións contribuirán a reforzar o coñecemento do Camiño de Santiago entre os estadounidenses, un dos países que máis peregrinos achega á ruta xacobea. Nos últimos anos, Estados Unidos estase a consolidar como o terceiro mercado estranxeiro do que proveñen máis peregrinos, só por detrás de Italia e Alemaña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *