O Xacobeo 21 e o Camiño de Santiago protagonizan o sorteo de lotería nacional que se celebrou en Santiago

A cidade de Santiago de Compostela foi escollida por Loterías y Apuestas del Estado para celebrar o seu sorteo de hoxe, nun acto que tivo lugar na Cidade da Cultura e que rendeu especial homenaxe ao Xacobeo 2021.

O boleto editado e distribuído en toda España permite promover o Ano Santo e o Camiño de Santiago a través dunha imaxe tomada desde o Monte do Gozo coa escultura do monumento ao peregrino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *