O Xacobeo convoca axudas para asociacións de amigos do Camiño de Santiago

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo prevé, no seu obxecto social, as relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago. Neste sentido, o Xacobeo considera clave a colaboración a distintos niveis coas devanditas entidades, pois son historicamente o máis relevante factor de dinamización desde a sociedade civil do Camiño e as súas rutas, tanto en Galicia como no resto de España e noutros países do mundo.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), para o que se habilita un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR990A.

No caso de entidades estranxeiras (asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación) e nos supostos de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a prensentación electrónica, as solicitudes deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, código PR990A.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As bases poderanse consultar na sede da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, na web www.caminodesantiago.gal ou no teléfono 881 99 62 64.

Fonte: DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2017 Páx. 51360.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *