Os Itinerarios Culturais do Consello de Europa foron galardoados co premio Carlos V

Os Itinerarios Culturais do Consello de Europa foron galardoados co Premio Carlos V, galardón de ámbito internacional que outorga a Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste e que por primeira vez na súa historia recae nun programa.

Iniciouse o programa en 1987 coa declaración de Santiago como primeiro itinerario distinguido polo Consello de Europa.

O xurado valorou que este plan fomenta os valores que unen ao vello continente e a súa diversidade cultural, á parte de fomentar o respecto polas respectivas identidades, o diálogo intercultural, máis o intercambio e coñecemento dos países coa súa historia.

O Rei, presidente de honra da fundación, presidirá o 9 de maio, Día de Europa, no Real Mosteiro de Yuste (Cáceres) o acto de entrega deste galardón, dotado con 30.000 euros.

Fonte: El Correo Gallego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *