Os Itinerarios Culturais Europeos recolleron en Yuste o Premio Carlos V

O Premio Europeo Carlos V recoñeceu o labor dos Itinerarios Culturais Europeos, entre os que se atopa o Camiño de Santiago, no fomento de valores como a diversidade cultural, o respecto polas identidades, o diálogo intercultural ou o intercambio e coñecemento dos países e da historia. O galardón foi entregado nunha cerimonia que se celebrou no Real Monasterio de Yuste e que estivo presidida por S.M. o rei Felipe VI. Trátase da primeira vez que o galardón outorgado pola Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste recae nunha iniciativa.

O encargado de recoller o premio da Fundación Academia Europea e Iberoamericana de Yuste foi o secretario xeral do Consello de Europa, Thorbjørn Jagland, máximo representante dos Itinerarios Culturais Europeos.

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, pronunciou o discurso de agradecemento en representación dos Itinerarios Culturais Europeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *