Os peregrinos do Camiño Inglés contan cun novo albergue en Ordes

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o novo albergue de Ordes, unha infraestrutura que, con máis de 40 prazas e un investimento de máis de medio millón de euros, vén sumarse aos 70 establecementos da rede autonómica, contribuíndo deste xeito a preparar Galicia para o Xacobeo 2021.

A transformación da casa reitoral de Poulo en albergue, un edificio con historia e cun elevado valor patrimonial amosa a aposta da Xunta pola rehabilitación ante a nova construción sempre que sexa posible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *