Patrimonio dá o visto e prace ao proxecto de converter o vello hospital de Pontedeume en albergue

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Xunta de Galicia, deu o visto e prace ao proxecto básico presentado polo Concello de Pontedeume para rehabilitar o antigo hospital, construído polo arcebispo Raxoi, e convertelo en albergue de peregrinos. O inmoble atópase en pleno Camiño Inglés e o custo da obra roldaría os 280.000 euros, segundo a estimación do Concello.

O actual albergue, con capacidade para 20 persoas, vese desbordado nos períodos de máxima afluencia de camiñantes con destino a Santiago.

Fonte e imaxe: La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *