Portugal promociona dous itinerarios do Camiño de Santiago no Alentejo e Ribatejo

A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou en Portugal no lanzamento oficial de dúas rutas do Camiño de Santiago no Alentejo e Ribatejo. Trátase dun proxecto que, baixo o lema Un segredo ben gardado, vai sinalizar e fomentar estes dous grandes itinerarios, maioritariamente rurais, que en total suman máis de 900 quilómetros xa sinalizados.

Concretamente, o proxecto desenvolvido por Turismo do Alentejo e Ribatejo, en colaboración coa Xunta de Galicia e con diferentes entidades vinculadas ao Camiño de Santiago, contempla a sinalización de dous trazados: o Caminho Nascente e o Caminho Central. Estes dous itinerarios, moi diferentes en costumes e tradicións nos que os peregrinos se atopan con paisaxes e experiencias complementarias, atravesan 30 municipios do país veciño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *