Presentación do libro “Elías Valiña. Il paladino del Cammino (1959-1989)”

A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e a editorial Bolanda presentan a edición en italiano do libro Elías Valiña, valedor do Camiño (1959-1989) de Luís Celeiro.

A tradución, co título Elías Valiña, il paladino del Cammino (1959-1989) foi realizada a través dun proxecto didáctico da Universidade italiana de Cagliari (Cerdeña), dirixido pola profesora Daniela Zizi.

Esta edición contou co patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a través da convocatoria de axudas ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago do ano 2018.

Presentación en Santiago de Compostela

Data: 5 de febreiro
Hora: 11:00
Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Dirección: Praza das Praterías. Santiago de Compostela

Presentación no Cebreiro

Data: 6 de febreiro
Hora: 11:45
Lugar: Igrexa de Sta. María a Real do Cebreiro
Dirección: O Cebreiro. Pedrafita do Cebreiro (Lugo)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *