Presentada en Monforte de Lemos a primeira guía en inglés do Camiño de Inverno

O Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos acolleu a presentación da primeira guía en inglés do Camiño de Inverno, que desde o ano pasado goza do recoñecemento oficial de ruta principal dos Camiños de Santiago en Galicia. O libro, que contou co patrocinio do Xacobeo para a súa edición, vén de publicarse co título de A detailed guide: The Winter Route to Santiago e a súa autora é Aida Menéndez Lorenzo, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

A nova publicación é unha versión íntegra doutra guía editada en castelán que se presentou en 2014. A obra ten unhas duascentas páxinas e ofrece unha descrición polo miúdo de todas as etapas da ruta desde Ponferrada ata Santiago, así como dos elementos do patrimonio histórico situado ao longo do itinerario.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *