Preséntase en Fitur “Un paseo de historia e vida. Rutas polos centros históricos de Galicia”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presentou en Fitur Un paseo de historia e vida, un recorrido que pretende poñer en valor o encanto ás veces descoñecido dos cascos históricos de Galicia e crear unha experiencia turística que potencie a autenticidade do destino galego. Trátase dunha nova estratexia que se segue ampliando e na que a Xunta continúa a traballar para engadir novos destinos.

Esta nova oferta presentada en Fitur foi desenvolvida durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural que acaba de rematar e aglutina baixo un mesmo paraugas a preto de 30 itinerarios que percorren as catro provincias da nosa Comunidade. Todos estes destinos destacan polo seu atractivo e pola súa capacidade para xerar oportunidades de emprego e de desenvolvemento territorial sustentable. Ademais son localidades nas que se produce un impacto moi positivo do turismo e da cultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *