Preséntase en Santiago de Compostela a Academia Xacobea, que impulsará o estudo e a difusión do Camiño de Santiago

Impulsada pola Orde do Camiño de Santiago, presentouse en Santiago de Compostela a Academia Xacobea, á fronte da cal se atopa Xesús Palmou, ex conselleiro de Contas e ex conselleiro de Xustiza e Interior, e doutorado en Dereito.

A Academia Xacobea nace co obxectivo de fomentar a investigación, estudo e divulgación do mundo xacobeo na súa vertente científica e artística, que inclúe desde traballos e ensaios científicos ata literatura de ficción.

No acto de presentación nomeouse académico de número a Marcelino Agís Villaverde, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, profesor, filósofo e estudoso da relación do Camiño de Santiago con manifestacións similares noutros territorios culturais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *