Presentouse en Vigo a Federación Portuguesa dos Camiños de Santiago

A Xunta destacou a alianza entre Galicia e Portugal para impulsar novos proxectos conxuntos no Camiño de Santiago. Durante a presentación da Federación Portuguesa dos Camiños de Santiago, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, resaltaron a colaboración entre o Goberno galego e as institucións lusas nun número crecente de proxectos de mellora, salvagarda e valorización das rutas xacobeas en ambos territorios. Neste contexto, coincidiron no papel cada vez máis relevante de Vigo como enlace do Camiño de Santiago con Portugal, que se está a reforzar na antesala do Xacobeo 21.

A nova federación está formada por máis de 60 entidades entre asociacións de amigos do Camiño, concellos e institucións académicas, suporá un paso clave na promoción da Ruta Xacobea e na difusión do seu legado cultural e histórico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *