PROXECTO ULTREYA – Estudo sobre os efectos do Camiño de Santiago sobre o benestar e a saúde mental

Distintas universidades e centros sanitarios de España e Brasil, coa axuda da Agrupación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Norte, iniciaron en xullo deste ano o primeiro estudo masivo para avaliar os efectos do Camiño de Santiago sobre o benestar e a saúde mental. Para isto convídase a aquelas persoas que teñan a intención de iniciar o Camiño (calquera das súas rutas) proximamente ou que xa o estean a facer a que contesten un cuestionario online onde se recolle información sobre distintos aspectos relacionados co benestar psicolóxico. O estudo estará en activo durante todo o ano 2017 e ata mediados de 2018, e para participar nel unicamente é necesario entrar na web do proxecto http://estudiocamino.org/ e acceder ao cuestionario. Ata o momento xa participaron preto de 400 peregrinos pero necesítase a colaboración de máis de 1.000 para que os resultados do estudo sexan sólidos.

Moitas das persoas que fixeron o Camiño falan dos seus beneficios para a saúde e o benestar mental. Grazas a este estudo poderase comprender mellor cales son estes efectos e como suceden.

Participa e/ou comparte e/ou difunde o proxecto!

Fonte: Proxecto Ultreya

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *