Re-vuélcate. Proxecto solidario para a captación de fondos a favor da loita contra o cancro

Esta iniciativa nace da man de Fran Linares no ano 2015, tras perder a un amigo por mor desta enfermidade.

Coa experiencia de participar en retos solidarios desde hai dez anos, agora proponse ir máis alá, en concreto no logro de recadar fondos para a investigación contra o cancro.

Deportista de distintas disciplinas, busca un desafío que implique un esforzo, tentando ademais involucrar a todo tipo de persoas, co ánimo non só de facer partícipes a aqueles aos que lles tocase de preto ou padecesen esta terrible enfermidade, senón de lograr a sensibilización social necesaria que faga ver, notar e sentir a necesidade de investir en investigación.

Así nace Re-vuélcate, unha idea que xa é realidade e que como único propósito busca a recadación de fondos a favor da loita contra o cancro, cuxo destino é o Instituto Oncolóxico Universitario do Principado de Asturias (IOUPA).

Reto 2017:

Co seu espírito de superación e sobre todo coa ilusión a flor de pel, Fran Linares e o seu equipo xa están a traballar na súa nova aventura, onde o obxectivo principal é o de recadar fondos para a loita contra o cancro e neste caso tamén para a batalla contra a fibrose quística.

O incrible reto deste ano 2017 será percorrer O CAMIÑO DE SANTIAGO, seguindo o Camiño do Norte, dende Irún a Compostela, cuns datos técnicos do percorrido que non deixasen indiferente a ninguén:

800 km de duro percorrido
100 kg de peso concentrados nunha roda de tractor
800.000 voltas de roda
16 días e medio de duro traxecto
57 persoas das catro provincias unidas pola solidariedade

A execución da fazaña será levada acabo coa mesma dinámica que foi empregada o ano pasado; pero nesta ocasión, para implicar e concienciar máis a nosa sociedade, queren que cada comunidade autónoma sexa a responsable de darlle a volta á roda pola súa provincia e así poder chegar a máis xente e remover máis conciencias.

LIGAZÓNS:
https://vimeo.com/184117528
https://www.facebook.com/revuelcate2017/

CONTACTO: revuelcate@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *