Reapertura da Catedral de Santiago e da Oficina de Acollida ao Peregrino

A Catedral de Santiago abrirá a partir do día 1 de xullo en horario de 9.00 a 19.00 horas (último acceso ás 18.45 horas). O acceso realizarase pola porta de Praza de Praterías. Poderase venerar o Sepulcro pero non acceder ao camarín para o abrazo ao Apóstolo, debido ás obras de restauración.

O Museo da Catedral e o Pórtico da Gloria reabren tamén ás visitas, de martes a domingo, en horario de 10.30 a 14.30 horas.

A Oficina de Acollida ao Peregrino renova tamén a atención a peregrinos para a entrega da Compostela e outras xestións mañá día 1 de xullo. O horario de atención ao público será de 10.30 a 18.30 horas.

Misas do peregrino

A partir do día 1 de xullo ofreceranse as seguintes misas do peregrino:

12.00 horas. Capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino en R/ Carretas, 33.

19.30 horas. Catedral de Santiago. Altar provisional instalado na zona oeste. O acceso realizarase a partir das 19 horas a través da praza de Praterías con aforo limitado a 75 persoas (asignaranse números na entrada correspondentes aos 75 asentos).

Outras misas ás que se poderá asistir terán lugar en:

Santa María Salomé ( Rua Nova): 7.30 e 19.00 horas
Capela do Centro Internacional de Acollida (en inglés): 9.30 horas
Parroquia da Corticela ( SAMI Catedral): 11.00 horas.

Confesións: Capela da Soledad (10.00 a 12.00 horas) e Capela do Pilar (19.00 a 20.30 horas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *