Resolución dos Premios Elías Valiña 2018

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia outorgou as seguintes distincións:

Entidades gañadoras (ex aequo): ASOCIACIÓN COMPOSTELLE 2000 (París, Francia), ASOCIACIÓN DOS AMIGOS DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO DE MADRID (Madrid, España) e mención especial a unha persoa polos valores desenvolvidos nos Camiños de Santiago: JOSEPH LEUTENEGGER (Zúric, Suíza).

O xurado, composto por persoas moi vinculadas ao mundo xacobeo, composto entre outros polo profesor Paolo Caucci von Saucken, presidente do Comité Internacioanlde Expertos do Camiño de Santiago, José de la Riera, un dos fundadores da FICS e Tomoko Marioka, presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón, congratulouse deste novo renacemento dos premios Elías Valiña tras tres anos sen convocarse.

A Asociación Compostelle 2000 realiza un importante traballo de axuda ao peregrino en París, á vez que un emocionante labor social e solidaria, turnándose os seus socios en axudar á peregrinación de persoas con mobilidade reducida entre a capital francesa e Compostela.

A veterana Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, ocúpase da hospitalidade no albergue de Tardajos, foi pioneira na investigación, sinalización e revitalización do Camiño entre Madrid e Sahagún e realiza un encontro do máximo prestixio: o Seminario Cimadevilla.

Joseph Leutenegger, que obtivo a mención especial do xurado, dedicou a súa vida en silencio e con total discreción e humildade, a apoiar a construción e o mantemento de albergues de peregrinos alí onde a hospitalidade tradicional era fundamental: grazas a el e a súa achega económica foi posible o gran albergue Nicolás de Flüe, en Ponferrada. As súas achegas foron fundamentais para dar vida aos albergues Domus Dei de Foncebadón, o parroquial de Hospital de Órbigo, o Servas de María de Astorga, o parroquial do Acebo e o gran albergue de Rappersville na súa Suíza natal.

Fonte: Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *