Restricións á mobilidade nos Concellos de Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Trabada; que afecta ao tránsito de peregrinos no Camiño do Norte

A ORDE do 5 de xullo de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19, no artigo Terceiro, punto 1.a, limita a entrada e saída de persoas do ámbito territorial determinado polos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove, a partir das 00.00 horas do día 6 de xullo de 2020.

Non obstante a anterior limitación, poderase entrar e saír do ámbito territorial delimitado polas seguintes razóns:

1º) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial, incluíndo o transporte, a prestación de servizos, o comercio e as activida des empresariais e económicas.

2º) Retorno ao lugar de residencia habitual.

3º) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

4º) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

5º) Calquera outra actividade de análoga natureza.

A limitación de entrada e saída do ámbito territorial delimitado non afectará a circulación por autovías e outras vías de comunicación cando se trate de mobilidade con orixe e destino fóra del, sempre e cando non comporte a mobilidade fóra destas vías.

De acordo con dita ORDE, queda restrinxida a mobilidade nos Concellos de Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Trabada; que afecta ao tránsito de peregrinos no Camiño do Norte en Galicia.

Máis información no DOG Núm. 132, de data 5 de xullo de 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *