Segundo Pérez López é o novo presidente da Comisión de Peregrinacións da Catedral de Santiago

O pasado 14 de novembro, en reunión o Cabido da S.A. M.I. Catedral de Santiago, resultou elixido D. Segundo Pérez como presidente da Comisión de Peregrinacións e Delegado para tal fin.

O nomeamento xa foi confirmado, como é pertinente, polo Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio Barrio e ratifica o papel que Segundo Pérez viña desempeñando á fronte da Oficina de Acollida ao Peregrino desde o falecemento do seu predecesor, Jenaro Cebrián Franco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *