Solemnidade do Apóstolo Santiago 2018

O próximo día 15 de xullo dará comezo na S.A. M.I. Catedral de Santiago, ás 19.30 horas, a tradicional Novena na honra do Apóstolo Santiago.

Contará coa presenza do Ilmo. Sr. D. Antonio Calvo, Universidade Pontificia de Salamanca (os días 15 ao 17 de xullo), do Ilmo. Sr. D. Luís Antonio García Lagarda, Deán do Cabildo de Zaragoza (os días 18 ao 20 de xullo) e do Ilmo. Sr. D. José Leonardo Lemos Montanet, Bispo de Ourense (os días 21 ao 23 de xullo).

D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago presidirá as Vésperas Solemnes do día 24 de xullo e a Misa Pontifical e Ofrenda Nacional do día 25, onde exercerá como Delegado Rexio D. Miguel Angel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *