Turismo de Galicia sinaliza a Vía da Prata que permitirá a súa homologación como itinerario ecuestre

Turismo de Galicia sinaliza a Vía da Prata que permitirá a súa homologación como itinerario ecuestre por parte da Real Federación Hípica Española.

Con esta iniciativa refórzase a sinalización xa existente nesta Ruta Xacobea para a práctica ecuestre, informando dos puntos conflitivos para o paso de cabalos e das variantes propostas para salvar os mesmos. A Vía da Prata será a primeira ruta que se homologará como itinerario ecuestre en Galicia.

O novo itinerario ecuestre proposto ten unha lonxitude total de 236,6 km, atravesa as provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña, desde o municipio de A Mezquita ata Santiago de Compostela, solapándose coa actual Vía da Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *