Un colombiano que peregrinou a pé desde Saint-Jean-Pied-de-Port convértese no peregrino 100.000 de 2018

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, recibiron ao peregrino 100.000 despois de recoller a súa Compostela no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino. Trátase de Jorge Enrique Forero, un cidadán de 49 anos procedente de Colombia que peregrinou a pé polo Camiño Francés desde Saint-Jean-Pied-de-Port.

Esta era a segunda vez que Jorge Enrique Forero percorría o Camiño de Santiago, unha experiencia que viviu acompañado dun amigo. Colombia é precisamente un dos países de Latinoamérica que máis peregrinos achega despois de Brasil, Arxentina e México.

No que vai de ano, remataron xa o Camiño de Santiago un 10% máis de peregrinos que no mesmo período de 2017. O 66% dos camiñantes son estranxeiros chegados de 151 países. Isto está a consolidar a internacionalización da ruta xacobea cun crecemento sustentable que se apoia no Plan director do Camiño de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *