O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo entregou ao ex seleccionador nacional de fútbol Vicente del Bosque o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago. O técnico recolleu a distinción en Santiago de Compostela, nun acto con personalidades do deporte e da política.
O título vitalicio de Embaixador de honra do Camiño de Santiago foi creado pola Xunta de Galicia en 2013, con esta distinción tamén foi recoñecido o Rei Felipe VI, así como o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy.