VII Encontro Internacional de Artistas Visuais

5-14 de xullo de 2019

Villafranca del Bierzo (León)

Organiza: Codocóncodo. Espazo de Arte Espazo Aberto Coworking Creativo

Poderán participar artistas de calquera idade e nacionalidade, o que favorece o intercambio de experiencias e a comunicación sobre a creación artística e cultural. Os artistas traballarán nun espazo propicio para as artes plásticas: pintura, escultura, mural, vídeo, fotografía, instalación… ademais dun taller con gran cantidade de luz natural, o lugar conta con zonas de xardíns e traballo ao aire libre.

Realizaranse encontros con creadores locais e artistas invitados, así como visitas de interese artístico e cultural. Entre elas está prevista a visita ao estudo do escultor villafranquino Arturo Nogueira, visita guiada a Corullón xunto aos estudantes gañadores do premio Eustory polo seu traballo «Arte románico en Corullón. O que permanece e o que se perdeu» e un encontro cos bolseiros da escola de Paisaxe José Carralero de Carracedelo.

​O número máximo será de 20 artistas residentes.

Este encontro en edicións anteriores tivo lugar en Viana Do Castelo (Portugal, 2013 e 2014), O Porto (Portugal, 2015 e 2016) e Comillas (Santander, 2017 e 2018). Estiveron representados artistas de diversas idades e nacionalidades (Portugal, España, Holanda, Honduras, Xapón, Gran Bretaña, Francia, Polonia, Taiwan, Australia…). Unha selección das obras dos artistas asistentes participará nunha exposición colectiva tamén itinerante, que esta vez iníciase en Villafranca e finaliza en Madrid.

​O encontro coincidirá coas Xornadas Culturais sobre o Camiño de Santiago, o que permitirá que artistas e estudosos do camiño poidan compartir coñecementos, reflexións e propostas creativas do contexto principal do sitio: a esencia inciática do Camiño de Santiago e o fundamental enclave que é Villafranca.

MÁS INFORMACIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *