A xornalista Isabel San Sabastián presenta en Santiago a súa novela “La Peregrina”

Trátase dun libro no que se narra a historia da peregrinación que realizou Alfonso II no século IX desde Oviedo, fito que sentou as bases do actual Camiño Primitivo.

A partir dun labor de documentación, a autora novela a historia en forma de diario dunha muller e afonda ademais na orixe de certas tradicións especialmente arraigadas na nosa cultura. La Peregrina súmase ás numerosas obras literarias que nos últimos anos tomaron como inspiración o Camiño de Santiago, como El peregrino, de Paulo Coelho, ou outros best sellers que contribuíron a popularizar a ruta xacobea en lugares como Alemaña ou Corea do Sur, con obras que foron líderes en ventas como Bueno, me largo, do alemán Hape Kerkeling, ou A viaxe dunha muller soa, da coreana Kim Nam Hee, entre outras moitas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *