A Xunta de Galicia anuncia en Fitur o Plan de Mellora e Sinalización do Camiño de Inverno

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou en Fitur que no mes febreiro será presentado o proxecto de sinalización do Camiño de Inverno cun investimento de 3 millóns de euros. Este investimento permitirá mellorar o día desta ruta, coa sinalización e impulso dun total de 175 quilómetros en 13 concellos deste itinerario que está chamado a ocupar un papel cada vez máis destacado, pois entre outros territorios atravesa a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial.

Trátase dunha ruta moi atractiva na que os camiñantes poden coñecer as riquezas xeográficas de Galicia e que pasa pola Ribeira Sacra, candidata a ser declarada Patrimonio da Humanidade, e polas Médulas, unha espectacular paisaxe na provincia de León incluída xa nesta lista da Unesco. Este trazado, que pasa polas catro provincias galegas, axuda a avanzar no obxectivo da descentralización e expande o espírito xacobeo por toda Galicia.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *