A Xunta de Galicia e Google colaborarán na promoción internacional do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia e Google colaborarán na difusión e promoción internacional do Camiño de Santiago. Así o avanzou durante a reunión telemática do Consejo Jacobeo, no que Galicia convidou ao resto de comunidades a sumarse a este proxecto. O Goberno autonómico e o xigante tecnolóxico están xa a definir as liñas de traballo desta colaboración que se considera estratéxica na proxección do Xacobeo 2021 e que se concretará na creación dunha canle de contidos que divulgue a riqueza cultural do Camiño na súa condición de Patrimonio Mundial da Unesco.

Trátase dunha canle que se abrirá na plataforma Google Arts&Culture, o proxecto cultural estrela de Google, e que contempla a creación de exposicións interactivas, a dixitalización a grande escala de varios Camiños e dunha selección de monumentos e bens de interese cultural coa tecnoloxía Street View. Google está planificando o inicio das gravacións baixo a coordinación da Xunta, través da Amtega e a Consellería de Cultura e Turismo.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *