A Xunta de Galicia organiza un acto de homenaxe a Elías Valiña polo 30 aniversario do seu pasamento

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, presidiu a homenaxe que a Xunta de Galicia lle brindou a Elías Valiña polo 30 aniversario do seu pasamento. O cura do Cebreiro foi un dos principais protagonistas da revitalización e promoción do Camiño de Santiago e do legado xacobeo durante a segunda metade do século XX.

O acto celebrouse na Igrexa de Santa María a Real no que tamén tomaron parte o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo; a sobriña do homenaxeado, Pilar Armesto Valiña; o presidente da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Manuel López; o xornalista e biógrafo de Elías Valiña, Luís Celeiro; así como unha nutrida representación das asociacións galegas de amigos do Camiño de Santiago.

Premiados Elías Valiña 2019

O conselleiro deu a coñecer na súa alocución aos galardoados este ano co Premio Elías Valiña, que a Xunta de Galicia organiza anualmente como conmemoración ao legado do cura do Cebreiro. Neste caso, os premiados foron as asociacións Les Amis du Chemin de Saint-Jacques / Pyrénées-Atlantiques e a Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe. Finalmente, Antolín de Cela Pérez recibiu a mención especial pola súa contribución ao fomento dos valores do Camiño de Santiago.

Este premio é un recoñecemento institucional e social ao esforzo protector e de fomento do coñecemento dos valores propios do Camiño de Santiago por parte das asociacións fundacións e entidades sen ánimo de lucro que inclúan estes fins no seu obxecto social. Para poder optar ao galardón, as entidades deben ter acreditada unha traxectoria de a lo menos cinco anos de funcionamento efectivo.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *