A Xunta de Galicia presentou o proxecto de sinalización e mellora do Camiño Portugués da Costa

A directora de Turismo, Nava Castro, e o delegado territorial de Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentaron o proxecto de sinalización e mellora do Camiño Portugués da Costa ao seu paso por este municipio. Está previsto que a actuación se realice durante este ano como parte do cronograma do Plan director do Camiño de Santiago, que centra os investimentos en 2018 neste itinerario xacobeo e no Camiño Portugués, as dúas rutas que entran na provincia de Pontevedra a través do país veciño.

O proxecto global, actualmente na súa fase de licitación, conta cun investimento superior aos 700.000 euros, o que permitirá acometer toda unha serie de melloras, beneficiando aos peregrinos e á veciñanza, no propio termo municipal de Vigo e no resto de concellos do Camiño Portugués da Costa: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Redondela.

Esta actuación servirá para revalorizar, promover e revitalizar o Camiño Portugués da Costa, que non deixa de medrar desde a súa aprobación. De feito, en 2017 o percorreron case 7.500 peregrinos, fronte os 2.600 do 2016. Suporá unha mellora substancial na sinalética, que quedará adaptada á normativa vixente e ao trazado provisional previsto en dita lei.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *