A Xunta licita as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés ao seu paso polo polígono do Tambre

A Xunta de Galicia licitou por 1 millón de euros as obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Inglés nas rúas Garabal e Mulas, ao seu paso polo polígono do Tambre, en Santiago de Compostela.

As obras licitadas son actuacións para humanizar o itinerario do Camiño Inglés nesta zona industrial, facendo compatible o paso dos peregrinos que chegan a Compostela coa normal actividade empresarial e industrial, así como coa propia do cemiterio e do tanatorio de Boisaca.

Estas obras están encamiñadas a garantir a seguridade dos peóns e peregrinos, gañando espazo para as persoas, pero sen desatender as necesidades específicas das empresas, especialmente no que atinxe á mobilidade de vehículos de grandes dimensións.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *